lunes, 23 de enero de 2017

Empate y poco mas

Partido moi gris o disputado no estadio de Gran Canaria entre Real Club Deportivo e As Palmas. Non era o partido esperado por ninguén, pero as rotanciones nos de Quique Setien e a pouca iniciativa nos de Garitano provocaron un partido aburrido, con poucas ocasións e de transicións lentas.

En canto ao partido , pouco que destacar, os locais acusaron  a falta de titulares no seu once inicial , aínda así puxéronse por diante cun gol do canteirán Mateo García , tras un rexeite da zaga branquiazul. Por parte do Deportivo apareceron os de sempre Florin Andone e Emre Çolak, que conseguiron un gol do primeiro tras asistencia do segundo. Os branquiazuis botaron en falta o desborde do agora xogador do Besiktas; Ryan Babel.

Nin sequera tras a expulsión do Ex-Xogador do Depor Aythami conseguiron levar a vitoria, un punto que non desgusta a ninguén.

Na seguinte xornada o Depor visitase Ipurua, feudo do antigo equipo de Garitano (O Eibar) tentando conseguir a primeira vitoria do 2017


lunes, 19 de diciembre de 2016

Sobrou o minuto Ramos

Sobrou o minuto Ramos , de novo Sergio Ramos tirou todo o traballo de un equipo nos ultimos intres, o Deportivo non foi o único nin tan siquiera sera o ultimo en recibir outro imponente gol de cabeza do central sevillano; a pesar disto, non se pode esquecer o traballo realizado polo deportivo durante todo o partido, o cal chegou a ir gañando 1-2, tras remontar o gol de Alvaro Morata.

O mellor do partido sen ningunha dúbida foi a volta os terreos de xogo e a que foi a sua casa de Joselu, o cal marcaría un doblete na sua reaparición, unha volta mellor IMPOSIBLE. Tamén a labor de Florin Andone que unha xornada maís segue demostrando porque o Deportivo pagou o que pagou (5 millóns de €) e apostou tanto polo atacante rumano.

O partido parecía un partido extraño para o Real Madrid; o cal estivera xogando cuns xogadores a priorí suplentes (Morata,Danilo,Asensio,...) pero estes suplentes cabe destacar que son internacionaís nas suas respectivas seleccións, non conseguía chegar con fluídez e o partido estivo atascado ata a segunda parte a cal foi un festival de goles (5 en total).

En xeral, un partido extraño que se escapou nos ultimos intres, pero non se pode dicir que non mereceran traer algún punto para Galiza, na próxima xornada tocaralle enfrentarse o Osasuna un rival directo pola permanencia.

domingo, 18 de diciembre de 2016

Real Paliza

Cambio de actitude? Acerto de cara a portería? Un 11 que funciona?... Moitas serían as preguntas que nos poderiamos facer para saber por que o Depor pasou de ser un equipo que non atopaba acerto de cara a gol e aínda encima encaixaba os suficientes goles como para non poder sacar os partidos adiante, pero agora toda cambiou o depor é o equipo mais goleador das últimas xornadas con 10 goles nos últimos 3 partidos, o dianteiro romanés Florin Andone leva 5 goles nas últimas 4 xornadas, mentres o talentoso atacante holandés Ryan Babel segue achegando goles (3 esta tempada), en canto ao aspecto negativo é que perdeu esa solidez defensiva que consiguio durante as primeiras xornadas encaixando tan só 2 goles nas 4 primeiras xornadas. Aínda así habemos de ser cautos e saber que sen conseguir puntos non se pode saír da parte baixa da táboa.

En canto ao partido vivido o luns en Riazor , pouco hai que dicir, fai moito que non se gozaba dun marcador tan amplo en primeira división (5-1), Riazor foi unha festa e todos os xogadores foron recompensados pola afección que por un día púidose marchar cunha alegría d ereja a orella. O partido na miña opinión foi dominado de pes a cabeza polo Deportivo que cunha presión alta (especialemnte a Illarramendi, o cal sufriu a falta do seu compañeiro no centro do campo;Zurutuza), recuperou moitois balóns cercanos a porteria e creo moito peligro nos primeiros 45 minutos, chegando a poñerse 3-0 o seu favor, con ese resultado marcharíanse a o descanso.

Na segunda parte o partido calmouse moito mais onde o deportivo baixou o ritmo do partido, e a pesar de recortar distancias cun gol da Real, o Deportivo conseguíu aumentar a sua ventaxa con outro tanto de Andone, e un penalti dudoso pitado a favor deste que transformou despois dun rexeite Ryan Babel. E con esto chegouse ao final do partido, cuns 3 puntos que facían moita falta na parroquia Blanquiazul.




Glosario de Ciberseguridade

LAN:Unha rede de área local (polas siglas en inglés de Local Area Network) é unha rede de computadoras que abarca unha área reducida a unha casa, un departamento ou un edificio.A topología de rede define a estrutura dunha rede. Unha parte da definición topológica é a topología física, que é a disposición real dos cables ou medios. A outra parte é a lóxica, que define a forma en que os hosts acceden aos medios para enviar datos.

VPN:Unha rede privada virtual, é unha tecnoloxía de rede de computadoras que permite unha extensión segura da rede de área local (LAN) sobre unha rede pública ou non controlada como Internet. Permite que a computadora na rede envíe e reciba datos sobre redes compartidas ou públicas coma se fose unha rede privada con toda a funcionalidade, seguridade e políticas de xestión dunha rede privada.

Firewall: Unha devasa é unha parte dun sistema ou unha rede que está deseñada para bloquear o acceso non autorizado, permitindo ao mesmo tempo comunicacións autorizadas.Trátase dun dispositivo ou conxunto de dispositivos configurados para permitir, limitar, cifrar, descifrar, o tráfico entre os diferentes ámbitos sobre a base dun conxunto de normas e outros criterios.As devasas poden ser implementados en hardware ou software, ou nunha combinación de ambos.

RAID: (do inglés Redundant Array of Inexpensive Disks , traducido como «conxunto redundante de discos Independentes», fai referencia a un sistema de almacenamento de datos en tempo real que utiliza múltiples unidades de almacenamento de datos (discos duros ou SSD) entre os que se distribúen ou replican os datos. Dependendo da súa configuración (á que adoita chamarse «nivel»).

SAI: Sistema de alimentación ininterrompida , é un dispositivo que grazas ás súas baterías ou outros elementos almacenadores de enerxía, pode proporcionar enerxía eléctrica por un tempo limitado e durante un apagamento eléctrico a todos os dispositivos que teña conectados.

NAS: O almacenamento conectado en rede, Network Attached Storage, é o nome dado a unha tecnoloxía de almacenamento dedicada a compartir a capacidade de almacenamento dun computador (servidor) con computadoras persoais ou servidores clientes a través dunha rede, facendo uso dun sistema operativo optimizado para dar acceso cos protocolos CIFS, NFS, FTP ou TFTP.

DNS: O sistema de nomes de dominio (as súas siglas en inglés, Domain Name System) é un sistema de nomenclatura xerárquico descentralizado para dispositivos conectados a redes IP como Internet ou unha rede privada. Este sistema asocia información variada con nome de dominio asignado a cada un dos participantes. A súa función máis importante é "traducir" nomes inteligibles para as persoas en identificadores binarios asociados cos equipos conectados á rede, isto co propósito de poder localizar e direccionar estes equipos mundialmente.

SQL:  (polas súas siglas en inglés Structured Query Language; linguaxe de consulta estruturada) é unha linguaxe específica do dominio que dá acceso a un sistema de xestión de bases de datos relacionales que permite especificar diversos tipos de operacións neles. Unha das súas características é o manexo da álxebra e o cálculo relacional que permiten efectuar consultas co fin de recuperar, de forma sinxela, información de bases de datos, así como facer cambios nelas.

DOS: (sigla de Disk Operating System, "Sistema Operativo de Disco" e "Sistema Operativo en Disco") é unha familia de sistemas operativos para computadoras persoais (PC). Creado orixinalmente para computadoras da familia IBM PC, que utilizaban os procesadores Intel 8086 e 8088, sendo o primeiro sistema operativo popular para esta plataforma. Contaba cunha interfaz de liña de comando en modo texto ou alfanumérico, vía a súa propio intérprete de ordes.

Proxy: Un proxy (representante) é un axente ou substituto autorizado para actuar en nome doutra persoa (máquina ou entidade) ou un documento que o autoriza a facelo.


jueves, 15 de diciembre de 2016

Enquisa

Ola, bos días.

Hoxe tráiovos unha enquisa que fixen con google drive, na cal vos pregunto pola vosa opinión sobre a educación que recibichedes e que pensades facer nun futuro. Tamén vos pregunto sobre como vedes o voso futuro, debido á mala situación que vivimos neste noso pais.

Ligazón á enquisa.

lunes, 12 de diciembre de 2016

RSS

RSS son as siglas de Really Simple Syndication ("sindicación" en inglés aplícase a empresas de varios xornais), un formato XML para sindicar ou compartir contido na web. Utilízase para difundir información actualizada frecuentemente a usuarios que se subscribiron á fonte de contidos. O formato permite distribuír contidos sen necesidade dun navegador, utilizando programas chamados agregadores de noticias, deseñados para ler contidos RSS, tales como Mozilla Firefox ou Internet Explorer, entre outros. A pesar diso, é posible utilizar o mesmo navegador para ver os contidos RSS. As últimas versións dos principais navegadores permiten ler os RSS sen necesidade de software adicional. RSS é parte da familia dos formatos XML, desenvolvido especificamente para todo tipo de sitios que se actualicen con frecuencia e por medio do cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. A isto coñéceselle como redifusión web ou sindicación web (unha tradución incorrecta, pero de uso moi común).

Pero por que é tan utilizado?
As RSS son tan utilizadas por unha simple razón, axilizan o proceso de busqueda de información , debido a que nos non temos que buscar a información senon que a información chega a nos grazas a esta aplicación, axilizando tanto o proceso de busqueda o como o tempo que perdemos en encontrar os blogs.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Os fallos condenan os equipos galegos (Deportivo)


Dura xornada para os equipos galegos da liga Santander e a liga 1 2 3, os fallos ; tanto arbitrais como defensivos, condenáronos a senllas derrotas.

O mais prexudicado foi sen ningunha dúbida o Deportivo, que sufrio unha remontada nos ultimos 5 minutos en Riazor tras chegar a ir gañando por 2-0 no minuto 45 con goles de Ryan Babel e Florin Andone, o primeiro un xogador inesperado no once titular e aínda mais o seu gol tan temperán, o segundo unha autentica marabilla do dianteiro romanés, na miña opinión o mellor gol da xornada. Pero aínda asi non chego para quedar co tres puntos, o gol o minuto 46 de Steven N'Zonzi , de Vitolo (86') e Gabriel Mercado (90+); que sería protagonista xunto a Luciano Vietto noutras xogadas, arrebataron o tres puntos aos de Riazor.

Opinión: Horrible Mateu Lahoz , o valenciano convertiuse no protagonista, "COMIUSE"  literalmente unha clara expulsión por agresión de Vietto a Arribas , que foi sancionada só con amarela. Pero isto non quedo asi xa que no minuto 73' non viu n claro penalti de Gabriel Mercado sobre Florin Andone. Na miña opinión prexudico gravemente ao Depor ,pero aínda  asi Gaizka Garitano foi moi conservador, o que lle condeno a perder outro tres puntos afástanse de Coruña.


Deportivo

Sevilla
13 Tyton 56' tarjeta amarilla
6 Albentosa
2 Juanfran 78' cambio
12 Sidnei
20 Guilherme
5 Pedro Mosquera
16 Luisinho
8 Emre 62' cambio
21 Bruno Gama
10 Andone 90' cambio 42' gol
23 Babel 90+ tarjeta amarilla 1' gol
1 Sergio Rico
3 Mariano
6 Carriço 46' cambio
18 Escudero
21 Pareja 76' tarjeta amarilla
4 Kranevitter
19 Ganso 70' cambio
17 Sarabia 75' cambio
15 N'Zonzi 43' gol
9 Vietto 83' tarjeta amarilla
24 Gabriel Mercado 90+ gol
Suplentes
Suplentes
1 Lux
14 Arribas 84' tarjeta amarilla 78' cambio
3 Fernando Navarro
19 Fayçal
19 Marlos 90' cambio
4 Alex Bergantiños
22 Borges 62' cambio
25 Sirigu
23 Rami
8 Iborra
11 Correa
20 Vitolo 86' gol 46' cambio
12 Ben Yedder 75' cambio
22 Franco Vázquez 70' cambio
Entrenador
Entrenador
Garitano
Sampaoli